Olá, queremos ver-te no nosso blog

Bem vinda/o ao nosso currunchinho do Barbança, que che seja leve e o passes bem!

sábado, 25 de diciembre de 2010

Novo thriller: Terror en Jealsa

Do director de “Se nom o entendes explico-cho eu”. Despois do grande êxito de “Eleiçons perdidas, merda, nom puidemos comprar a ninguém” e “Quero ir na lista, fazedes-me caso?

JESUS ALONSO FERNÁNDEZ

presenta


TERROR EN JEALSA (o en su salsa)


SINOPSE


Em 2010 numha tranqüila ceia de operários um homem toma o control das mentes das classes trabalhadoras cumha máquina que manipula a consciência das pessoas. Mentres as massas engulem sem vergonha mexilhons ao vapor, gambas com chuvasqueiro, anaquinhos de presunto com queijo da Arçua (ummmmm) e demais delicatessems, estám sendo radiados com um aparelho infernal que manipula os seus pensamentos (com tantos manjares diante quem nom se deixa!).


O cruel maquinador, o empresário-chefe-controlador-do-aparelho, introduze as consignas que a partir de agora se repetirám nas suas mentes cada dia: Bipartitos nom, que me arruinam; Obedece ao pailám de Dieste, Fora filósofos e pintantes......


O que o empresário nom sabe é que hai um pequeno grupo de pessoas que resiste as ondas por quedar durmindo á quentura do cozedeiro despois de comer umhas latas de comida para peixe, e que á postre servirám de antídoto contra as radiaçons.


A trama será umha continuo ir de vir de emoçons no que o empresário empeça a desconfiar por se ir truncado um a um os seus planos de conquista. Frente a ele os operários que intentarám recuperar as conciências do resto dos trabalhadores dando-lhes de comer na boca a comida para os peixes.


QUE NOM CHO CONTEM, VAI TI MESM@ A VÊ-LO A JEALSA (Mira que contento sae o nosso director na foto)

Continuará......

7 comentarios:

  1. Carallo cando se fala da panadeira non vos gusta. Pois non vos preocupedes que vos ides fartar neste ano. Repito, en Cambados a nora do Charlín non é concellala. Eiquí si. Por certo, ¿préstalle o BNG os cartos a Alonso para pagar as nóminas dos empleados? Pois entón, cada quen fai no seu o que lle peta, aínda que vós amole os nazionalistas.

    ResponderEliminar
  2. henrique, un ex obrero28 de diciembre de 2010, 10:06

    creo eu que si lle paga as niminas os empregad@s sera por que traballán, e non por telos na casa mantendoos, non che parece, señ@r anonimo ??????, notase ben que as bocas fartas sempre tiran encontra dos compañeiros do traballo, lambendolle o cu os amos, non e verdade señor anonimo ??????????,e cada un no seu non pode facer o que lle pete ten que respetar as persoas, eles traballan pra que lle paghen un sueldo, non pra ser amenazados,,,,,,,,

    ResponderEliminar
  3. Foden os anónimos? Debe ser que aqueles que tiran peches de fincas porque non as entregan a orde de Xoanito León, alias 15%, tamén son anónimos, ou os que fan pintadas insultando a uns e outros e queren sachar o campo de golf, e incluso blogueiros trasnochadops. Por certo, da nora de Charlín non falas nada, e iso que é a concellala de xuventude. Xa sabes, é bo estar cerca da mocidade para darlle saida a mercancía. Canta hipocresía neste nazionalismo de cortello. Para rematar co señor Alonso, si é un cacique, si é un explotador, e moito máis ¿por qué non ides a traballar as empresas nazionalistas que vos van tratar mellor? En canto a mantidos, vai darte unha voltiña polo centro social e demais chirimguitos nazionalistas de Boiro.

    ResponderEliminar
  4. Uiii, cando enfadado e rancoroso. Vou ter que andar con moito coidado agora por Boiro. Polo visto, segundo a teoria do anónimo eu, que son neto dun falanxista, que combateu no bando nacional vou ter que pagar polas que fixo meu avó, manda carallo (e iso que estou mais á esquerda que Marx, será atenuante?).
    Parece que as críticas fundadas, repito, fundadas e por feitos mais que comprobados firen. Uiiii, bótalle un pouco de alcol á ferida que te envenenas. Dame veneno que quiero morir, dame veneeeeeeno.....!

    Asdo. Outro anónimo.

    ResponderEliminar
  5. Outro anónimo. Estou dacordo co primerio dos anónimos. Por que tedes medo a denuciar a nora do narco. Estou empezando a creer que certos grupçusculos próximos a ela están tamén no choiño. E todo esto sen carraxe, con feitiños.

    ResponderEliminar
  6. Para o primeiro anónimo: A ver, por qué non falas claro e te deixas de rodeos, porque se sabes non sei que cousas ou tes non sei que probas, xa estás tardando moito en ir a poñer unha denuncia no xulgado. Nun estado de dereito hai que probar que a xente é culpábel, non ó revés, así que todo o que emporcas baixo o cobarde pabellón do anonimato non é mais ca pataleta infantil dalguén que mira ti por onde, dame que si ten verdadeiros intereses no asunto.
    Ah!, excusas respostarme, non penso seguir a perder o tempo con xente que non se ven a razóns.

    ResponderEliminar
  7. Vaia, non sabía eu que este blog tuvera tanto éxito entre a xente do PP. Vai a haber que facer un periódico e editalo.

    Vese ás claras que Alonso meteu a pata hasta o fondo porque senón non viríades aquí con outros temas. Non dou crédito ao labado de cara que se quere facer agora coa imaxe deste personaxe con campañas publicitarias, difamacións aos contrarios, etc. O que dixo Alonso puidemolo ver todos na Sexta e podemos darlle moitos calificativos: bochornoso, desvergoñado, indecente, criticable, ..., o que fixo fíxoo premeditada e conscientemente, lendo un papel (vaia orquestación). O que me estraña é que non saia ninguén do PP a desautorizalo, nin Dieste, nin Ruiz Rivas, nin Feijoo, nin,….., ía dicir o barbas pero non está nin se lle espera. Ynha vergoñaaaaa. O PP é o partido dos mudos!!

    ResponderEliminar