Olá, queremos ver-te no nosso blog

Bem vinda/o ao nosso currunchinho do Barbança, que che seja leve e o passes bem!

jueves, 18 de marzo de 2010

Odiada árvore


Odiada árvore. Puidera ser esse o título do passado 17 de março, pois nestes tempos de fussons e crise devemos aforrar espaços, e incluso sentimentos.

Sem pena nem glória passou o dia da árvore na nossa comarca, sem apenas actos nem conmemoraçons, nem sequera declaraçons das nossas instituiçons, cousa rara. Só o jornal registrou a notícia dumha pequena plantaçom feita por nen@s no parque de Corrubedo. Felicito-@s pola iniciativa, está mui bem, pero nom abonda. Isto nom só é cousa de nen@s!

Recordo um tempo no que quando me pediam um favor me diziam: -venha homem, tamém hás ir à festa da árvore!, quando nom havia tal. Pois agora igual! Que prantar umha árvore nom seja umha excusa, um rito, senom um recordatório: Somos a espécie mais depredadora de toda a história do planeta. Aniquilamos todo aquilo que comemos e todo aquilo que nom comemos tamém. Somos o único animal que nom se adapta à natureza senom que fazemos que ela se adapte a nós. E pensamos que si, pero nom a controlamos. Na nossa mente nom está reconstruir, restaurar, recuperar, refazer... senom destruir.

Temos muito que cambiar, pero eu só pido um pouco de sensibilidade, um pouco de consciência.

2 comentarios:

  1. Ramón o de Padrón19 de marzo de 2010, 4:20

    Será porque ese Día é o 21, e aínda non foi? Xa o lerás na fin de semana, vaste fartar de lelo.
    Eu o que quero saber é por que o político de turno (e tamén de turné, pois aproveitou un acto en Cespón e logo foise a Corrubedo) escolle unha localidade e outras non. Tiñan máis falta os de Ribeira de árbores de balde? Segundo poñen por aí, agasallaron con 800 exemplares, e eses son bastantes, pero todos para Ribeira. Escollen por cor política? Ou que demo pasa? Se houbera xornalistas de investigación -xa que non hai transparencia na administración- tamén habería que saber de que viveiro saíron as plantas... non?

    ResponderEliminar
  2. Pois Ramón, o mellor podería meterse dentro dunha consulta parlamentar, a pregunta do viveiro.

    ResponderEliminar